Hai xa unhas cantas décadas, no ano 1988, nunha conversa entre colegas, naceu o que hoxe é a Asociación de Empresarios de Chantada. Tras diversos avatares, o 12 de xullo de 1990 quedaron legalmente redactados os nosos estatutos e a nosa acta fundacional. Pero non sería ata o 30 de marzo de 1995 cando por fin botaría a andar a asociación, nunha multitudinaria reunión na que foi elixida a primera xunta directiva.
Empezamos entonces unha andaina que, a día de hoxe, segue adiante con máis forza ca nunca. Os primeiros pasos da asociación foron captar asociad@s e organizar eventos para dinamizar a vila, como a exitosa campaña “Merca na túa vila», que acadou gran impacto e promocionou de forma eficaz a coñecida enseña «Chantada, corazón de Galicia».
Anos despois deciudiuse crear o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra, como fórmula de cooperación das pequenas empresas da vila, a imaxe do que xa se facía noutros CCA galegos. A través do CCA Ribeira Sacra quixemos axudar así a fortalecer o tecido empresarial de Chantada e á súa dinamización comercial.
Dende aqueles tempos ata hoxe, a asociación e o CCA foron medrando, e na actualidade contamos con máis de 170 asociad@s de diversos sectores: comercio, hostalaría, tecnoloxía, benestar, comunicación dixital, adegas, etc.
En febreiro de 2024 comezamos unha nova etapa, cunha nova directiva presidida por Iñaki Castiñeira (A túa Xanela), e con moita gana de continuar o gran traballo das anteriores directivas.
Facemos moitos eventos cada ano, como a Feira de Oportunidades da Feira do Viño de Chantada, o Chantapas, a campaña de Nadal ou o Día do Comercio, e campañas puntuais en datas sinaladas: Día da Nai, do Pai, dos Namorados, etc. Tamén damos moita importancia á formación, polo que organizamos xornadas e charlas formativas.
Ademáis, na nosa oficina e nas nosas redes sociais damos información sobre as nosas actividades e temas empresariais, como información fiscal, laboral ou subvencións e outros trámites con administracións.
¡Contacta con nós se queres asociarte ou precisas máis información!