Non sabedes que felices somos ao poder presentarvos a primeira edición de Merca Sacra, o Mercado de Produtos e Artesanía da Ribeira Sacra! Imos celebralo o sábado 26 de setembro no Cantón, en Chantada, e vai ser, agardamos, unha cita excepcional! Podes vir só, con amig@s ou en familia: pasaralo ben seguro!
Haberá postos de artesanía, de comida, de complementos, de arte… Nos vindeiros días iremos presentándovos a todos os expositores e expositoras!
Escoitaremos música na rúa durante todo o día! Somos moi afortunad@s ao poder contar con @acadamudecha_tradi_chantada, @searas_chantada, @sondelume, Grupo de gaitas «Os Barrios» de Chantada, @tiraprala e @dakidoasma.
Teremos zona familiar con obradoiros para cativos, contos na rúa e monicreques.
E tamén haberá zona de xogos, interactivos e tradicionais.
Non vos parece un plan incrible? Agardámosvos en Chantada o 26 de setembro!
Este proxecto está cofinanciado pola Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Chantada.

