Este é un comunicado cheo de ledicia pero tamén de tristura, porque hoxe dicimos adeus a unha persoa realmente especial, a nosa xerente, Vanessa. O seu enorme sorriso arroupounos durante dous anos, dende que iniciamos esta nova etapa da Asociación de Empresarios de Chantada, e tod@s @s que traballamos neste tempo con ela gardaremos no corazón moitos momentos cheos de ledicia cos que esta muller incrible agasallounos.
Imos botala de menos moitísimo, pero a súa marcha é por un motivo tan especial que non podemos sentir máis ca alegría por ela: Vane está embarazada de xemelgos, e agora tócalle coidarse, baixar marchas e comezar unha nova etapa na súa vida que vai ser, sen dúbida, marabillosa.
Xenerosa, forte, brava e, por riba de todo, divertida… desexámoste un futuro pluscuamperfecto, querida compañeira!