A Asociación de Empresarios de Chantada e a Deputación de Lugo firmamos este mes de agosto un convenio en Lugo grazas ao cal a Deputación otorgará unha subvención especial para celebrar o MercaSacra en Chantada. Dende o CCA Ribeira Sacra queremos expresar o noso agradecemento á institución por apoiar esta cita, unha das grandes apostas da nosa asociación para este ano.
MercaSacra vaise celebrar o 26 de setembro e será un mercado de artesanía e alimentación con programación musical e infantil.
Na firma do convenio estiveron, ademais do noso presidente, Iñaki Castiñeira, a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e, por parte do PSOE Chantada, o secretario, Jaime Losada, e o concelleiro Matías Zelarayán.



