No mes de outubro imos realizar unha formación presencial incluída nas actividades formativas da Asociación de Empresarios de Chantada.

 

CURSO DE COMUNICACIÓN DIXITAL.

DATAS: 1 e 2 de outubro / 7 e 8 de outubro.

HORARIO: De 20 a 22 horas.

LOCALIZACIÓN: Asociación de Empresarios de Chantada: Praza de España 10 baixo (O Cantón).

 

OBXECTIVOS DA FORMACIÓN: Aprender as bases da comunicación dixital, para entender como afecta aos nosos negocios e como podemos utilizala para melloralos.

CONTIDO:

  • Clase 1: AS BASES DA COMUNICACIÓN DIXITAL.
    • Estratexia de marca: definición de obxectivos, análise da competencia e definición de estratexia realista.
    • Que é o SEO e o SEM? Que é o posicionamento? Como debemos usalo ao noso favor?
    • MAPS. Motivos polo que debemos usalo.

 

  • Clase 2: AS REDES SOCIAIS.
    • Uso básico: programación de publicacións, uso de etiquetaxes, algoritmos, uso de anuncios, uso de contas de empresa…
    • Redacción e foto.

Se estades interesados/as en anotarvos, podedes realizar a reserva da vosa praza por correo electrónico (xerencia@ccaribeirasacra.com) ou por whatsap (680 645 124) indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e DNI.

 

 

CCA Ribeira Sacra
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.