Estades preparad@s para a Feira do Viño de Chantada? A fin de semana do 7, 8 e 9 de marzo, a nosa vila festexa unha das súas grandes citas, e a Asociación de Empresarios, como cada ano, formará parte dela cunha gran carpa para acoller a XVI Feira de Oportunidades e a XV Mostra de Produtos e Artesanía! A nosa carpa estará aberta o sábado 8 e o domingo 9: de paso que vides probar os viños de Chantada, aproveitade os grandes descontos que farán eses días os nosos comerciantes!

Estes son os 11 comerciantes da nosa asociación que estarán na Feira de Oportunidades durante a Feira do Viño de Chantada: Luca Calzados e Complementos, Pisadas Calzado Infantil, Xanela, Remate Gráfico, Pícaros Moda Infantil, Jimmy, The Closet, 3 Fuciños, Turini, Mime Clothing e Calzados Doval.

 

Respecto á Mostra de Produtos e Artesanía, este ano teremos 25 postos na carpa!
• Antonio Pedrouzo – Bisutería en prata.
Moura – Traxes tradicionais e fundas para instrumentos.
• Artesanía O Pereiro – Artesanía en madeira de olivo.
• Dorahada – Xoguetes de madeira e complementos infantís.
Embutidos Suarna – Embutidos de porco.
Hypatia – Artesanía textil e bisutería.
Lulinto – Productos de ganchillo.
Malas Herbas Artesanía – Pezas de xoiería elaboradas artesanalmente.
La Mosquita Muerta – Complementos de moda.
Aldea Felgosa (Quesos Artesanos Autor) – Quesos de cabra, vaca e ovella.
Sacrapastas – Galletas de Xián.
Vacatola – Artesanía en coiro.
Xeou – xeados artesáns.
I3D Deseño Galego.
Senda Coiro e Metal – Artesanía en coiro e metal.
Galletas Xianas – Galletas de manteiga, amendoa e café e aloumiños.
PlaymoRey – Coleccionismo de playmóbil e customizados propios.
• ArtesaM – Relojes de arena, bisutería en acero y cristal de Swarovski.
• Platillos de la abuela – Raiador artesanal de cerámica.
SJ Artesania – Figuras de personaxes.
Vera Cuchillería – Cuchillería artesanal galega.
Barro&Co Serigrafía – Camisolas, bolsas…
Recuncho de Cucadas – Complementos artesanais en coiro.
Naturantas – Cosmética natural.
Landra – Embutidos de porco.
CCA Ribeira Sacra
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.