Arredor de 100 coches marcharon moi amodiño a mañá do 14 de marzo dende Chantada á Barrela para exixir o arranxo integral da N-540 que, como sabedes todos os da comarca, está nun estado lamentable.
A marcha saiu ás 11 do Mercado Gandeiro de Chantada e chegou preto das 12 ao Hotel río Búbal, na Barrela, onde se fixo a reinvidicación.
A mobilización foi convocada por un grupo de veciños da contorna, e conta co total apoio da Asociación de Empresarios de Chantada.









