O Nadal do CCA Ribeira Sacra chega cargadiño de actividades! A primeira, a visita de Papa Noel a Chantada! Como temos enchufe con él, o 23 de decembro pasará o día na nosa vila: de 11 a 13:30 horas visitará as nosas tendas asociadas acompañado da Banda Infantil da Casa da Música de Chantada, e de 17 a 19 horas estará na súa casiña no Poboado de Nadal do Concello de Chantada para recibir a todos os rapaces e rapazas da vila!
Ademáis, tras o éxito do ano pasado repetimos a campaña de Reis! Queres que un Rei Mago entregue os agasallos aos cativ@s da casa a tarde do 5 de xaneiro, ao remate da Cabalgata? Gasta un mínimo de 100 euros entre o 9 de decembro e o 2 de xaneiro nas tendas do CCA Ribeira Sacra, trae os tickets á nosa oficina e anótate para a visita! Bulide, que as prazas son limitadas!

