Temos unha nova estupenda: mudámonos! A sede da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra estará desde o luns 27 de abril no número 10 da Praza de España (O Cantón).
Despois de tantos anos nas oficinas da Praza de Galicia, fainos moita ilusión estrear sede a pé de rúa, permitíndonos prestarvos un servizo moito máis próximo.
Xa sabedes, a partir do luns 27 de abril atendémosvos no Cantón!


