Este ano, os Reis Magos do CCA Ribeira Sacra poden visitar a vosa casa!
Entre o 7 de decembro e o 2 de xaneiro, garda os teus recibos se compras no Centro Comercial Ribeira Sacra, porque este ano os Reis Magos entregarán os agasallos na casa de moitos nenos e nenas de Chantada! Para recibir a visita real é preciso gastar polo menos 100 euros nos establecementos asociados e levar os recibos ás oficinas da Asociación de Empresarios de Chantada para anotarse na lista do percorrido das súas maxestades.
A visita dos Reis Magos será o 5 de xaneiro e comezará ao terminar a Cabalgata de Chantada, aproximadamente ás 20:30 horas. Cada Rei Mago terá o seu percorrido, para poder chegar a todas as casas posibles, tanto no centro urbán coma nas parroquias.
Bulide a facer as vosas compras de Nadal no CCA Ribeira Sacra desde o sábado, que temos prazas limitadas que se adxudicarán por estrita orde de reserva!
A campaña está cofinanciada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Concello de Chantada, Clásicos do Asma e o CCA Ribeira Sacra.
☎️ 680 645 124.
xerencia@ccaribeirasacra.com.
CCA Ribeira Sacra
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.