En Chantada temos enchufe e Papá Noel veu visitarnos o sábado 21 de decembro para ruar pola vila, visitar as tendas do CCA Ribeira Sacra e facerse fotos con todos os nenos e nenas! Estivo moi ben acompañado polos rapaces da Casa da Música de Chantada e as súas panxoliñas!
O certo é que a Papá Noel gustoulle tanto a nosa vila que volveu esta tarde a recoller as cartas dos cativos na casiña que ten no Poboado de Nadal do Concello de Chantada! Moitísimas grazas, Papá Noel, polas visitas! Pórtate ben mañá que fumos MOI BOS!



