Chega unha nova edición dos DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO.
Do 5 de xuño ao 25 de xuño merca no pequeno comercio e participa no sorteo de 12.000€ en tarxetas prepago.
Como participar?
– Rexistra o teu ticket en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico.
– Ou , se o desexas, pide colaboración ao comerciante do negocio onde merques para que, a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios ,rexistre o teu ticket para así duplicar a túa participación.
Datas e premios
Esta edición conta con 12.000€ en premios distribuidos en 24 tarxetas prepago de 250€ e 40 tarxetas prepago de 150€.
O sorteo realizarase ante notario o día 29 de xuño de 2023
As persoas agraciadas deberán gastar as tarxetas gañadas en comercios ao por menor de Galicia.
APOSTA POLO COMERCIO LOCAL!
APOSTA POR CHANTADA!