Estades preparad@s para vivir unha Noite Aberta incrible? O venres 13 e o sábado 14 de xuño imos sacar a música e a moda á rúa!
Venres: de 19 a 23 horas teremos animación musical polas rúas de Chantada e concertos na Rúa do Comercio!
– 19 h horas: Banda de Gaitas da Casa da Música de Chantada. Irán pola Avenida de Monforte, Xoán XXIII, Avenida de Ourense, Avenida de Lugo, Praza de Santa Ana e rúas Mariano Cedrón, Leonardo Rodríguez e Comercio.
– 21 h.: Chiquinquirá.
– 21:30 h.: El Club de las 8:15.
– 22:15 h.: Rascals.
Sábado: na Praza de Galicia, inchable infantil de 17 a 19 horas e desfile de moda con DJ ás 19 horas. Seguimos á procura de modelos! Animádevos!
Sortearemos 20 vales de 20 euros nunha ruleta ao rematar o desfile de moda. Teredes unha tirada por cada ticket de compra da #NoiteAberta!
☎️ 680 645 124.
xerencia@ccaribeirasacra.com.
https://ccaribeirasacra.com/
