Unha treintena de socios e socias acompañaron o sábado á directiva da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra na cea de Nadal celebrada nos Pendellos. Á cea asistiron concelleiros de todos os grupos do Concello de Chantada, o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, e o xerente do GDR Miño-Ulla, Javier Rodríguez Medela. O presidente da asociación, Iñaki Castiñeira, loubou ao rematar a cea a “boa saúde económica” do CCA Ribeira Sacra, que remata o ano con superávit, e agradeceu ás administración a súa axuda para facelo posible. Tamén salientou que este ano fixéronse máis campañas ca nunca e avanzou que, dado o éxito que tivo, o 5 de xaneiro de 2026 repetirase a cita da noite de Reis, “Lévacho un Rei Mago”.
Moitísimas grazas a tod@s por acompañarnos nunha noite tan especial!

 

 

CCA Ribeira Sacra
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.